Blog

 UNA PLACA CONMEMORATIVA EN LA CASA DONDE NACIÓ ALBERTO VILANOVA

Imprimir 20-Abril-2016 - 17:40:58 
































Na extensa obra de Alberto Vilanova Rodríguez hai unha teima que recuncaba, sobre todo nos seus artigos de galegos ilustres: non esquecer; non deixar no alén do olvido aos bos e xenerosos.  O día 15 de abril de 2016 é unha nova data a marcar na memoria deste historiador erudito. Ourense fixo xustiza para que a súa memoria botase a néboa que aínda queda ao redor da súa figura e haxa unha raiola que alumee o seu nome. 

Grupo Marcelo Macías, co seu presidente á fronte, decidiu iniciar, co alento da familia, este ano o protocolo para a colocación dunha praca conmemorativa a don Alberto Vilanova. En 2016 cúmprense 50 da publicación da obra máis recoñecida e comentada “Los gallegos en la Argentina”, publicada en Bos Aires pola editorial Ediciones Galicia en 1966. 

A celebración deste aniversario favoreceu que Vilanova tampouco caia no olvido e rescata, deste xeito,  a súa memoria  na súa cidade natal. 

O 15 de abril, un día despois da celebración da querida República do mestre, inaugurouse esta praca na rúa Lamas Carvajal, nº 28. Falaron dende a erudición e o corazón, con palabras que arrecendían a xustiza e a emoción Francisco Fariñas, presidente do Grupo Marcelo Macías e organizador do acto, Xesús Alonso Montero, coa voz emprestada de Carlos Núñez, e o Vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández.  No aire aínda as melodías do himno de Riego que saíron harmoniosas e decididas do acordeón de Sabela DacalChonina Vilanova, filla de don Alberto, agradeceu a presenza de amigos e amigas, exalumnos e autoridades que acompañaron á reivindicación da figura de Alberto Vilanova. 

Haberá máis raioliñas ata lograr esparexer toda a néboa. Grazas!

enlaces a noticia en prensa:  La Región  La Voz de Galicia  La Voz de Galicia

Foto: La Región


Alberto Vilanova - Ensaísta e Historiador | Aviso Legal | © 2011 albertovilanova.com
Deseño: Jose Lameiras Vilanova    ACV Galaica